Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Mulleres nunha aula recibindo formación.

As mulleres de Santiago fórmanse online nun curso TIC impartido por Compostela Monumental

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 14/04/20 (08:42)

Asociación Compostela Monumental segue adiante coa súa intensa actividade de formación para favorecer a empregabilidade das mulleres con contidos tecnolóxicos e, tamén, con recursos que axuden a superar con información avanzada o parón produtivo, económico, social e docente da crise sanitaria. Segundo informa a entidade, esa semana inícianse dous novos cursos online: por unha banda TIC, redes sociais e marca persoal e, pola outra, Manipulación de alimentos.

O primeiro, o que se centra nas comunidades dixitais e nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), ten como obxectivo “dar a coñecer ás alumnas as distintas redes sociais existentes de face á procura de emprego e aprender a xestionar a marca persoal de cada unha delas”. Teresa Hernández, técnica orientadora de Compostela Monumental será a encargada de impartir esta acción formativa de 15 horas e que está prevista que finalice o próximo día 24 de abril.

Ao mesmo tempo, levarase a cabo dixitalmente o Curso de Manipulador de Alimentos, impartido por Recursos Galicia e cunha duración de 10 horas, estando previsto o seu remate para o día 20 de abril. As alumnas participantes no mesmo adquirirán os coñecementos básicos en materia de hixiene e seguridade alimentaria.

Estas accións forman parte do itinerario formativo de turismo e comercio do programa integrado de emprego de Compostela Monumental en colaboración coa Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia. Nestes momentos Compostela Monumental ten activo un terceiro curso virtual, Prevención de Riscos Laborais, que remata o día 27 deste mes.

Tema: General
Fuente: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal