Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Un home en cadeira de rodas por unha lesión na medula espinal xunto á súa muller e o seu fillo.

Tecnoloxía de IA para que persoas con discapacidade recuperen a mobilidade

Versión para impresiónSend by email
Brown, 17/10/19 (11:54)

Unha das causas máis frecuentes en persoas con discapacidade física son lesións na medula espinal que cortan a conexión entre o cerebro e distintos músculos do corpo. Agora, un equipo da universidade estadounidense de Brown está a estudar como a tecnoloxía pode axudar a recuperar esa conexión e, polo tanto, a mobilidade.

O equipo de investigadores está a ver como aproveitar a tecnoloxía de intelixencia artificial de Intel para lograr unha conexión entre os extremos da parte danada da medula espinal para recuperar a conexión neuronal e poder enviar de novo sinais de movemento desde o cerebro aos músculos.

A idea sería crear unha especie de baipás intelixente formado por dúas guías de eléctrodos situados a ambos os dous lados da lesión para tratar de que os nervios danados volvan poder comunicar en tempo real.

A utilización desta tecnoloxía seguramente non ofrecerá unha solución inmediata, pero si que facilitará o estudo sobre estas conexións da medula espinal que permitan avanzar en novos tratamentos.

Tema: General
Fuente: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal