Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Persoa con discapacidade visual cruzando por un paso de peóns.

Google Maps introduce indicacións de voz para cegos, aínda que pode ser moi útil para todo o mundo

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 14/10/19 (13:51)

Google Maps anunciou unha importante actualización que axudará ás persoas cegas con deficiencia visual a orientarse dunha maneira máis eficiente mediante indicacións de voz.

Fixeron coincidir este lanzamento co 'Día Mundial da Vista', que se celebrou o pasado día 10. Grazas a esta actualización, Google Maps encargarase de lembrar continuamente ao usuario se está no roteiro correcto.

Unha voz que nos axuda a seguir no roteiro correcto

Ademais, a persoa que active esta función poderá saber canta distancia hai ata o próximo xiro, en que dirección está a camiñar, recibir advertencias cando se aproxime a grandes interseccións ou coñecer se abandonou accidentalmente o roteiro.

Mediante unha entrada no seu blogue, Google sinalou que estas indicacións poden ser útiles tamén para persoas que teñen unha visión normal: "Aínda que esta nova función pode ser de gran axuda para as persoas que teñen discapacidade visual, tamén pode ser de axuda a alguén que desexa unha experiencia sen pantalla na súa próxima viaxe a pé".

E ten moito sentido. Eu utilicei Google Maps camiñando en cidades ou zonas que non coñecía, e ter que ir mirando continuamente a pantalla faise un tanto incómodo. Se tes uns auriculares a man pode ser unha moi boa opción.

"Do mesmo xeito que os anuncios que se escoitan nos cruces peonís ou nos autobuses, todo o mundo pódese beneficiar deles. Non todo o mundo necesitará este nivel de asistencia, pero é fantástico saber que está dispoñible e a só un toque de distancia".

De momento, esta funcionalidade implementouse en inglés nos Estados Unidos e en xaponés en Xapón (tanto en Android como en iOS). Google afirma que pronto estará dispoñible para outros países e idiomas.

Tema: General
Fuente: GenBeta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal