FORMACIÓN ESPECIALIZADA A UN GRUPO DE VOLUNTARIOS PERTENCENTES AO PROGRAMA EUROPEO GRUNDTVIG (aprendizaxe permanente) da DX Xuventude e Voluntariado, conformado. O obxectivo do apoio dixital foi formar aos asistentes na "creación dun blog a través da ferramenta wordpress", para facilitar a súa comunicación con outras persoas voluntarias da organización Hordaland County Council de Noruega.
CESIÓN, INSTALACIÓN E POSTA EN MARCHA DE DIVERSO EQUIPAMENTO NO CENTRO SOCIAL DE CARBALLO, co obxectivo de facilitar os recursos precisos para achegar as novas tecnoloxías á cidadanía
PARTICIPACIÓN, EN CALIDADE DE RELATOR, NA XORNADA "EXEMPLOS DE BOAS PRÁCTICAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE) NO SECTOR TIC GALEGO",como exemplo de boas prácticas de impacto na comunidade
I HACKATÓN SOLIDARIO "INTRO PARA TODOS", colaborando no desenvolvemento dun perfil de escritorio accesible cognitivamente, mediante a presentación en pictogramas, das principais ferramentas e aplicacións utilizadas polas persoas con discapacidade intelectual (PcDI).