Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Entidades de acción voluntaria

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

Entidade de acción voluntaria

Datos de contacto

Alicia Romero Luaces
Lg de Granxa, 5 - San Roque
C.P. 15967
Ribeira
A Coruña
Télefono:
981874480

Actividades desenvolvidas

Ambar é a asociación pioneira na comarca da Barbanza, traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Contamos cun grupo social de 1.100 persoas. Ambar presta servizos a persoas con diversidade funcional física e intelectual e ás súas familias.

A nosa misión é a promoción da independencia, a autonomía persoal e a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional na nosa comunidade.

Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Ambar xestiona servizos de atención diúrna para persoas con diversidade funcional intelectual, Centro Ocupacional e Centro de Día, ós cales diariamente acoden arredor de 75 persoas cofa finalidade de previr ou retrasar o deterioro físico e cognitivo, formarse en competencias laborais e prelaborais, mantar habilidades que favorecen a autonomía persoal.

Apoios Abertos

Histórico de Apoios

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal