Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Entidades de acción voluntaria

Concello de Bergondo

Entidade de acción voluntaria

Datos de contacto

Serezabel Rodríguez Rico
LG. ESTRADA DA CORUUÑA, 12 - BERGONDO
C.P. 15165
Bergondo
A Coruña
Télefono:
981791252

Actividades desenvolvidas

O voluntariado social nos servicios sociais do Concello de Bergondo.

Representante legal: Alejandra Pérez Márquez
C.I.F.: P1500800F

Coordinación técnica: Serezabel Rodríguez Rico, técnica de integración social

Enderezo: Estrada da Coruña, 12 cp: 15165 - Bergondo - A Coruña

Teléfono: 981-791252 ext. 3

URL: http://bergondo.es/es/servicios-municipales/participacion-cidada/cooperacion-e-voluntariado

Email: serezabel.rodriguez@bergondo.gal

Nº de persoas voluntarias: 25

Quen somos:

Unha das formas de participación na sociedade é a través do voluntariado. Sobre todo daqueles asuntos que vaian a parar en beneficio da erradicación de situacións de discriminación. A participación social é un dereito das persoas e convértese nun recurso das administracións públicas para dar resposta ás necesidades da poboación. Na sociedade actual cada vez máis existe un sentimento de SOLIDARIEDADE por parte da cidadanía que se debe canalizar por parte da xestión política municipal como motor de arranque para a creación de redes de tecido asociativo e dinamización da acción voluntaria dentro do ámbito do local.

A quen vai dirixido:

O Departamento de Servizos Sociais conta cun proxecto de voluntariado social que comezou a súa andadura no ano 2002. Un dos seus obxectivos é o de potenciar a participación social da veciñanza, a través da creación de espazos para a realización de actividades e intercambio de experiencias, visibilizando e sensibilizando.

Quen pode colaborar:

Para participar no Proxecto de voluntariado social do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo, é suficiente con que sexas maior de idade. O máis importante é que queiras doar parte do teu tempo libre para colaborar con nós e que sexas unha persoa solidaria e comprometida coa sociedade. (No caso de ser menor de idade podes participar en programas e proxectos de voluntariado adaptados ás túas características, mediante unha autorización expresa dos teus pais, titores etc.)

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e autonomía persoal
- Vol. e infancia
- Vol. e cooperación
- Vol. ambiental
- Vol. cívico

 

 

Apoios Abertos

Histórico de Apoios

Creado Título Descripción
21/01/20 Curso de iniciación a la informatíca avanzada Se solicita la colaboración de una persona voluntaria para la realización de un "Curso de iniciación a la informática avanzada" destinado al equipo de...
27/01/20 Curso de iniciación al marketing digital Se solicita la colaboración de una persona voluntaria para la realización de un "Curso de iniciación al marketing digital" destinado al equipo de volu...
27/01/20 Curso de marketing social y gestión de redes sociales Se solicita la colaboración de una persona voluntaria para la realización de un "Curso de marketing social y gestión de redes sociales" destinado al e...
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidad | Aviso legal | Mapa del portal