APOIO DIXITAL A DOWN GALICIA DO DESENVOLVEMENTO DUN TALLER DE EXCEL EN FERROL: este taller forma parte dunha formación que Down Galicia inclúe no seu plan de formación contínua para o seu equipo profesional e que ten por obxectivo dotar á súa plantilla de traballadores dos coñecementos técnicos que precisan para manexar con solvencia a aplicación Excel. 3.14 Financial Contents apoiou na formación a 8 profesionais de “Teima” Down Ferrol, xunto con outra persoa voluntaria.