
O proxecto Camino de Santiago para todos, froito da colaboración de Microsoft e a Fundación ONCE, avanza para facer posible que persoas con discapacidade visual poidan percorrer o Camiño de Santiago de xeito autónomo [3] grazas ao guiado auditivo 3D de Soundscape [4], aplicación desenvolvida por Microsoft Research [4] para o guiado de persoas en exteriores que, coa integración de BeepCons [5], o sistema de balizas intelixentes de ILUNION, permitirá a realización de tramos do Camiño aínda que se padeza discapacidade visual.
Este proxecto está enmarcado na estratexia de Microsoft polo desenvolvemento de solucións tecnolóxicas inclusivas e intégrase na iniciativa Camino de Santiago para todos, liderada pola Fundación ONCE, e que conta tamén coa colaboración de 4 ministerios, as comunidades autónomas polas que pasa o Camiño Francés, a Asociación de Concellos do Camiño de Santiago [6] e a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago.
A aplicación Soundscape para dispositivos móbiles combina os sensores do móbil (GPS e compás) e a información recibida por balizas Bluetooth para realizar un guiado mediante sons en 3D, de xeito que a persoa que empregue a ferramenta pode coñecer o sentido e a dirección que debe seguir para avanzar nun camiño determinado. Dentro do proxecto piloto da aplicación de Soundscape ao Camiño percorreuse un tramo da ruta para probar o uso por persoas con diferentes eivas sensoriais e intelectuais, de xeito que os resultados da experiencia contribuirán á vindeira versión de Soundscape.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9990.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://news.microsoft.com/es-es/2019/05/16/microsoft-y-fundacion-once-colaboran-para-hacer-accesible-el-camino-de-santiago/
[4] https://www.microsoft.com/en-us/research/product/soundscape/
[5] https://www.iluniontecnologiayaccesibilidad.com/beepcons
[6] https://www.amcsantiago.com/