
O proxecto GHOST, financiado pola Comisión Europea a través do seu programa Horizonte2020, ten como obxectivo avaliar unha solución de ciberseguridade en temas de teleasistencia avanzada ou dispositivos intelixentes de saúde. É desenvolvido por dez compañías, organizacións e universidades de seis países europeos.
Cruz Vermella, como entidade participante neste proxecto europeo, busca candidatos para participar no proxecto piloto onde probarán solucións de fogar intelixente dotadas de características melloradas de seguridade e privacidade dos datos.
Requisitos:
Todo os servizos relacionados con este piloto son gratuítos para a persoa usuaria: instalación dos dispositivos, mantemento, atención proporcionada polos dispositivos, etc.
Que se pide?
Se estás interesad@ en participar no proxecto GHOST non dubides en contactar coa Cruz Vermella no 981 221 000 extensión 38820. Ou a través do correo electrónico ghostgalicia@cruzroja.es [3].
Anímate a participar!
Máis información de GHOST:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9950.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] mailto:ghostgalicia@cruzroja.es
[4] https://www.ghost-iot.eu/
[5] http://www.aetg.gal/sites/default/files/GHOST-leaflet-SHE-KIT-v3-ESP.pdf
[6] http://www.aetg.gal/sites/default/files/GHOST-leaflet-SHO-KIT-v3-ESP.pdf