
O Concello de Redondela (a través do Departamento de Ensino e de Novas Tecnoloxías) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) van organizar esta semana dúas charlas de balde sobre Internet segura [3] e sobre as mellores maneiras que nais, pais, profesorado e escolares teñen de garantila no seu quefacer dixital diario. As sesións celebraranse o xoves, día 14, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira (Paseo Xunqueira, s/n) ás 20:00 horas, e o venres, día 15, no Auditorio do Multiusos Piñeiral do Crego (Camino do Piñeiral, 22. Chapela) ás 20:00 horas.
O vogal da xunta de goberno do CPEIG, Iván Luis Vázquez, será o experto enxeñeiro informático que impartirá as conferencias, destinadas principalmente “a promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, poñendo o foco na nenez e na mocidade”. A xeito de adianto do miolo da charla, Iván Luis Vázquez salienta a importancia da ciberseguridade, a privacidade e o uso seguro das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na contorna dos menores, co obxecto de protexer a súa reputación na contorna dixital, e polo tanto, na súa vida cotiá. “Os pais ou titores deben manter un diálogo aberto cos seus fillos, educándoos no uso seguro e positivo da tecnoloxía e actuando como referentes de comportamento dixital”, sinala, facendo fincapé na importancia de que a rapazada conte con supervisión para as súas experiencias en liña, sobre todo en idades temperás, co fin de axudar aos menores a “identificar que contidos non son os axeitados para eles, todo isto grazas ao apoio e indicacións dos seus pais ou titores”.
O CPEIG aproveitou a organización destas xornadas en Redondela para lembrar algunhas recomendacións que debemos ter en conta:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9841.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.cpeig.gal/portal/node/3551