
Co gallo do Día Internacional da Muller (este 8 de marzo), e ao abeiro dos actos de celebración do décimo sexto aniversario da Galipedia [3] (a Wikipedia en galego), a comunidade responsable do mantemento e medre da enciclopedia dixital galega vai organizar a Segunda Wikimaratona do Día Internacional da Muller. Desenvolverase o sábado 9 de marzo en Ourense.
A idea principal da actividade consiste en editar artigos na Galipedia relacionados con mulleres destacadas, xa sexa creando artigos novos ou mellorando os existentes. Segundo informa a comunidade, para participarmos non é preciso que sexamos editoras ou editores habituais, pois o evento comezará cun obradoiro de iniciación á edición de artigos para tódolos participantes. Podemos consultar todos os detalles da actividade na propia web da Galipedia [4] ou no teléfono 689 884088. Os únicos requisitos previos para participar nesta actividade son ter unha conta de usuaria/o.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9824.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.galipedia.gal/
[4] https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Segunda_wikimaratona_do_D%C3%ADa_Internacional_da_Muller