
A Fundación Vodafone España e o CERMI son as entidades que están a levar a cabo este estudo para coñecer o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) entre as persoas con discapacidade en España. A enquisa botará luz e datos sobre a situación "real" das persoas con discapacidade e o seu uso da TIC: as barreiras que poden atopar, os beneficios que ofrecen e as utilidades que melloran a súa vida cotiá.
Para participar na enquisa só hai que acceder á seguinte ligazón, o tempo estimado para realizala son de 10 a 15 minutos.
http://ticydiscapacidad.consultaopinion.com [3]
Non esquezan pulsar o botón "Gardar" ao final do cuestionario para que se poidan gravar correctamente as respostas.
A enquisa estará aberta ata o 10 de marzo e está dirixida a persoas con discapacidade de toda España para coñecer o uso que fan das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9811.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://ticydiscapacidad.consultaopinion.com/