
A mobilidade de moitas persoas con discapacidade visual é moito máis complicada dentro de edificios que en exteriores. Cando estas persoas están ao aire libre, a tecnoloxía de posicionamento é moi útil para facilitar a súa mobilidade, pero a cousa complícase enormemente cando se trata de moverse polo interior dun edificio.
As razóns son simples, a tecnoloxía de localización é moito menos precisa en interiores, e por iso é enormemente difícil poder crear sistemas que faciliten o movemento dos usuarios.
Con todo, a compañía taiwanesa Starwing desenvolveu o sistema de posicionamento en interiores máis preciso do mundo, capaz de situar a unha persoa dentro dun edificio cun rango de erro de apenas 30 centímetros.
Mentres que outros sistemas adoitan ofrecer unha precisión aproximada nun radio duns tres metros, a tecnoloxía de Starwing reduce esta posibilidade de fallo a só 30 centímetros multiplicando exponencialmente a utilidade deste sistema.
A tecnoloxía denomínase SIPS e Starwing xa está a traballar coas entidades públicas xaponesas para crear un uso dirixido a axudar a persoas con discapacidade visual a moverse en interiores.
Este sistema funciona en moitos outros escenarios moi interesantes tamén, como hospitais ou residencias de persoas maiores, onde facilitan a vixilancia e melloran a autonomía dos usuarios.
SIPS baséase na colocación de distintos dispositivos nas instalacións que se conectan a pequenos aparellos localizadores que levan os usuarios e ofrecen un posicionamento tremendamente preciso.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9807.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()