
En que podo axudar? En ocasións ocorre que as persoas solidarias non saben onde dirixir o seu tempo e esforzo no mundo do voluntariado. Pero todas as persoas teñen algunha calidade útil para os demais, xa sexa unha habilidade persoal, social, ou profesional. E iso é suficiente para empezar a axudar.
Por iso a Fundación Hazloposible ofrece aos cidadáns a App Hacesfalta, coa que poderán descubrir o tipo de actividade perfecta para cada persoa. Porque se pode axudar de moitas formas, e seguro que nesta app atopan a que mellor encaixe con elas.
En Hacesfalta.org [3] as ONG que necesitan apoio voluntario publican cada ano máis de 7.000 ofertas e a elas apúntanse anualmente máis de 64.000 cidadáns dispostos a colaborar.
En Hacesfalta.org [3] a comunidade de persoas solidarias crece cada ano, chegando a día de hoxe a contar con máis de 850.000 persoas dispostas a colaborar por medio do voluntariado.
As opcións de voluntariado e as formas de colaboración cambian cada día, motivadas en moitos casos polos cambios sociais e tamén tecnolóxicos.
E se hai unha xeración que se proclama comprometida, sen deixar atrás a outras, é a millennial: unha xeración dixital, hiperconectada e con alto compromiso social e valores éticos.
Os mozos millennials son persoas nadas nun mundo dixital, afeitas acceder a contidos desde calquera lugar ou dispositivo e usuarios de apps. Pero ademais esta xeración caracterízase polo seu sentido crítico, o seu compromiso social e o modo colaborativo de entender a súa achega social.
Nesta xeración por suposto hai persoas de todo tipo pero se algo as identifica é a conciencia colectiva sobre os problemas sociais mundiais e unha actitude proactiva que os fai participes do cambio.
Por iso Hazloposible pon a disposición de millennials, e non millenials, unha app que reúne moitas das súas necesidades: un lugar onde atopar onde e como colaborar, accesible desde calquera lugar e dispositivo, con opinións e valoracións de usuarios que fomentan a transparencia das organizacións, a posibilidade de colaborar e propoñer iniciativas solidarias... pero o máis importante, un espazo onde atopar o voluntariado que máis se axusta ás súas características e preferencias persoais.
Hacesfalta.org [3] xa conta con preto de 300.000 mozos dispostos a colaborar e grazas a esta App seguro que moitos máis decidirán sumar o seu tempo para xerar impacto a través do voluntariado.
Ademais Hacesfalta.org ofrece a posibilidade de facer voluntariado virtual con moitas organizacións, que buscan un apoio voluntario en labores que poden realizar desde a súa casa ou desde o seu lugar de vacacións.
A campaña "Se queres, poden" conta co apoio de Atresmedia.
Vídeo da campaña "Se queres, poden" [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9657.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.hacesfalta.org/
[4] http://www.youtube.com/watch?v=qA9ysnSiwCI&feature=youtu.be