
UnLtd Spain, fundación que apoia o emprendemento de impacto social puxo en marcha Plantacción [3], unha comunidade colaborativa na que compartir ideas con potencial para xerar impacto positivo en varios ámbitos, destacando as cidades sustentables. A través do concurso de ideas "O futuro das nosas cidades" que finalizará o 8 de maio, os usuarios poden achegar ideas e/ou votar, comentar e compartir as ideas do resto dos usuarios co obxectivo de identificar os principais retos das cidades de hoxe e de mañá. O propósito de Plantacción é promover a innovación social a través do fomento da participación cidadá e impulsar o emprendemento neste sector. Para realizar a formulación deste reto baseámonos no ODS 11: cidades e comunidades sustentables proposto polas Nacións Unidas dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, que busca fomentar cidades máis inclusivas, seguras, resilientes e sustentables. O gañador do reto "O futuro das nosas cidades" poderá elixir entre dous cursos de innovación social vinculados á solución creativa de problemas.
Seguir lendo na fonte da noticia [4]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9636.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://plantaccion.unltdspain.org/
[4] https://www.esmartcity.es/comunicaciones/plantaccion-plataforma-colaborativa-promueve-innovacion-social-ideas-fomentan-ciudades-sostenibles