
Nestas datas xúntanse a celebración este luns do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e o inicio da campaña do Nadal, e por esa razón uns dos personaxes máis famosos do Nadal, os Reis Meigos, decidiron aprender lingua de signos.
Para aprender a comunicarse coa Lingua de Signos Española (LSE), as súas maxestades de Oriente utilizaron a tecnoloxía desenvolvida por Showleap, e que lles permitirá comunicarse con miles de nenos con discapacidade auditiva.
Desta forma, neste nadal os Reis Meigos poderán falar directamente a través do proxecto Ilusión Colectiva - Os Reis Meigos TV, posto en marcha pola Asociación Cultural LP (ACLP), con calquera neno con discapacidade auditiva a través da lingua de signos.
Os pais dos nenos que queiran participar e recibir unha videochamada dos Reis Meigos só terán que poñerse en contacto coas asociacións participantes ou a través da páxina web de ShowLeap, seguindo esta ligazón [3].
A maxia do Nadal e a tecnoloxía únense así para celebrar este Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9591.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.showleap.com/losreyesmagostv/