
A edición impresa do diario abc para Galicia faise hoxe eco da historia de Manuel Abelleira que, dende o pasado mes de outubro, é un dos 220 voluntarios dixitais do Programa de Voluntariado Dixital [2]da Xunta, colaborando coa asociación cultural de Os Tilos [3](Santiago).
Mestre de profesión e aficcionado á tecnoloxía decidiu compartir as súas nocións informáticas coas demais persoas que, como el, se senten atraídos polo novidoso do mundo das TIC. Manuel está a punto de cumprir 70 anos, padece parkinson e leucemia e recoñece que acudir á asociación cultural dos Tilos é máis que unha terapia para el.
Para os seus alumnos, con idades comprendidas entre os 55 anos e os 70, era necesario «reinserirse no seu ámbito máis familiar», seguir a testemuña de fillos e netos. «Queren manterse actualizados. Saben que Internet é unha ferramenta moi poderosa que habita ao seu arredor. Non poden vivir alleos a esta posibilidade que lles brinda a informática».
Manuel considera que o Programa de Voluntariado Dixital é un dos proxectos da Xunta máis relevante para lograr ese impulso que os maiores necesitan para mergullarse no mundo das novas tecnoloxías da información.
Mecenas Dixital
Os equipos informáticos precisan un mantemento especial para poder realizar estes obradoiros. Para salvar este contratempo, o programa bota man do grupo de entidades colaboradoras que ofrecen tanto material tecnolóxico e informático como aulas e espazos nos que poder desenvolver este programa de voluntariado.
Óscar Vázquez forma parte de Balidea [4], unha das empresas «mecenas», que ofrece servizos relacionados coa área das TIC dende 2002. Esta compañía colabora co programa de voluntariado dixital cedendo aulas e espazos nos que impartir os cursos e ofrecendo equipamento informático. Ademais, un profesional da empresa formou seis voluntarios pertencentes ao programa europeo Grundtvig, que nunha viaxe a Noruega debían crear un blog a través da ferramenta wordpress para poder comunicarse co resto de voluntarios.
Programa de Voluntariado Dixital
No seu primeiro ano de andaina, o Programa de Voluntariado Dixital conseguiu adherir a 41 entidades de acción voluntaria, 14 organismos colaboradores e 23 empresas do sector tecnolóxico -coñecidas como mecenas dixitais-. A este apoio de entidades colaboradoras e mecenas hai que engadir a dos máis de 220 voluntarios que se sumaron a esta iniciativa e que poñen a disposición das entidades de acción voluntaria o seu tempo e os seus coñecementos relacionados coas TIC.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[2] http://voluntariadodixital.xunta.es/
[3] http://www.arcostilos.org/asociacion/
[4] http://www.balidea.com