
A Aula CeMIT de Ribeira organiza para as vindeiras semanas dúas novas actividades de balde na súa sede de Cubeliños. En primeiro lugar, os días 26 e 28 de novembro haberá un curso de catro horas titulado Coidando a túa saúde: plataforma É-Saúde do Sergas [3] que proporcionará moitas claves sobre este sitio telemático tales como por exemplo o acceso a través da Chave365, consultas da información persoal de saúde e acceso a túa historia clínica, ver a túa folla de medicación, informes de farmacia, calendario de citas… O curso desenvolverase de 16:00 a 18:00 horas en cadansúa xornada.
Ademais, o luns 3 de decembro terá lugar unha videoconferencia de balde dende a Escola Galega de Consumo sobre Telefonía móbil: contratación, facturación e reclamacións [4]. Celebrarase de 12:00 a 13:30 horas e aínda hai prazas dispoñibles.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9514.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/actividade/27019
[4] https://cemit.xunta.gal/actividade/27014