
A Fundación ONCE e o CERMI están a levar a cabo un estudo sobre "O acoso e ciberacoso en alumnado con discapacidade" durante o seu ciclo educativo.
Para poder facer un estudo fidedigno e que presente unha apreciación real e de primeira man, convídase a participar online no seguinte cuestionario [3] para realizar unha aproximación estatística da situación.
O cuestionario realizouse para saber a opinión do alumnado e exalumnado con discapacidade, familiares e persoal docente dos centros educativos de toda España.
Para completalo non fan falta máis de 15 minutos. Ao responder a última pregunta hai que pulsar no botón "Gardar" para que a enquisa, sempre anónima, quede gardada correctamente.
Se crees que é importante salvagardar os dereitos das persoas con discapacidade na súa etapa educativa así como en calquera outro ámbito, enche a enquisa e dá a túa opinión, este estudo poderá definir posible situacións de acoso e ciberacoso, e tentar previlas.
A data límite para participar é o día 30 de novembro.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9422.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://acosoescolardiscapacidad.consultaopinion.com/Encuesta.aspx?idEncuesta=231