
No seu 20° aniversario, Fundación Telefónica quere recoñecer e agradecer o valor que o voluntariado aporta á sociedade. Farao a través dos Premios Fundación Telefónica ao Voluntariado, que teñen como obxectivo sensibilizar e incentivar a acción voluntaria, así como servir de catalizadores das iniciativas do voluntariado en España.
Os galardóns están destinados a premiar o cultivo dos valores do voluntariado a través da súa difusión nos medios de comunicación; a promoción e e seu labor en ámbitos educativos; e o traballo desenvolvido polas propias entidades sociais e corporativas, dado que todos eles contribuen ao progreso e benestar social dunha maneira extraordinaria.
En redes, podes seguir toda a actualidade relacionada cos premios co hashtag #PremiosVoluntariado.
Para máis información consulta en https://www.fundaciontelefonica.com/voluntarios/premios/ [3]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/181016_premiosvolunttelef.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.fundaciontelefonica.com/voluntarios/premios/