
O Concello de Brión organizará un curso gratuíto de Word e Excel para persoas desempregadas, que se vai desenvolver ao longo de 40 horas lectivas a partir do vindeiro 6 de novembro. Segundo informan fontes do Goberno local, trátase dun obradoiro de formación que busca que o alumnado adquira coñecementos básicos de informática de cara a mellorar a súa empregabilidade. Para quen queira máis información, o Concello habilitou un PDF cos datos ao completo [3].
As clases impartiranse na aula CEMIT de Brión os martes e xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas. A inscrición estará aberta ata o 19 de outubro na Casa da Cultura de Brión, no teléfono 981 50 99 08 ou en empregobrion@gmail.com [4].
Para quen non o saiba, Microsoft Word e Microsoft Excel son dous elementos integrantes (dous elementos clave) da suite de Office, e están presentes nunha manchea de contornas laborais de todos os sectores. O primeiro é o procesador de textos de Microsoft Office e o segundo é o programa de folla de cálculo de Microsoft Office (empregado para gardar todo tipo de datos, desde información financeira a listaxes).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9295.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.concellodebrion.org/actividades/formacion/pdf/word_excel_desempregados_18.pdf
[4] mailto:empregobrion@gmail.com