
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan no mes de outubro as xornadas formativas “Non tolees coa wifi”, que se levarán a cabo presencialmente nas aulas CeMIT de Marín, Oroso, Celanova e Sarria e poderanse seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia.
Nos últimos anos está a crecer o nivel de uso da banda larga en fogares e empresas, cada vez son máis as familias que precisan contratar un servizo de internet pero aínda existen moitas dúbidas e desconfianzas ao respecto. Con esta formación búscase achegar aos asistentes os coñecementos básicos para a contratación de internet e da resolución de incidencias no servizo.
As xornadas están dirixidas aos axentes TIC das aulas CeMIT, co obxecto de que posteriormente podan eles crear os seus propios cursos na materia, e a todo o persoal municipal e cidadáns interesados. Explicaranse conceptos tales como as tecnoloxías de acceso á internet dispoñibles no mercado, as conexións precisas para os distintos usos de internet, as redes e operadores presentes en Galicia, os canais dispoñibles para reclamacións e os organismos competentes neste ámbito e normativa existente.
Aulas CeMIT e inscricións
As persoas interesadas poderán asistir a calquera dos catro cursos dispoñibles que terán unha duración aproximada de dúas horas. Para achegar a formación ao maior número de destinatarios posibles, organízase unha xornada en cada provincia facilitando a asistencia ben presencial ou por videoconferencia nas seguintes aulas.
Para a inscrición tan só hai que premer sobre a aula de interese:
Pódese consultar mais información sobre as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web de CeMIT [17], e na aulas CeMIT de xeito presencial ou contactar coa Oficina CeMIT enviado un correo a cemit@xunta.gal [18]
Servizo de asesoramento a concellos
Esta xornada nace como unha iniciativa da Oficina Concellos xestionada pola AETG no marco do convenio firmado coa Amtega. Ademais, trala xornada, a Oficina porá a disposición dos asistentes a documentación presentada.
A Oficina Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. Calquera concello que precise de axuda neste ámbito pode chamar ao teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou ben enviar a súa consulta ao enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal [19].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9202.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26329
[4] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26371
[5] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26374
[6] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26376
[7] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26380
[8] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26330
[9] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26372
[10] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26379
[11] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26382
[12] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26331
[13] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26373
[14] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26381
[15] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26332
[16] https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/26378
[17] https://cemit.xunta.gal/
[18] mailto:cemit@xunta.gal
[19] mailto:oficinaconcellos@aetg.gal