
A Fundación Telefónica creou os Premios Fundación Telefónica ao Voluntariado, cos que pretende sensibilizar e incentivar sobre a acción voluntaria, así como servir de catalizadores das iniciativas do voluntariado en España.
A entidade pon en marcha esta iniciativa coincidindo co seu 20 aniversario. Os galardóns recoñecerán aqueles proxectos que contribuísen ao progreso e benestar social dunha maneira extraordinaria en cinco categorías: comunicación, ámbito educativo, entidade social, voluntariado corporativo e voluntariado inspirador.
En concreto, a sensibilización e difusión dos valores do voluntariado nos medios de comunicación; a promoción e o seu labor no ámbito educativo implicando ao alumnado; o traballo desenvolvido polas propias entidades sociais e corporativas; e aquelas persoas ou propostas con carácter social que sirvan de inspiración á sociedade, serán os eixos sobre os que virará a primeira edición dos Premios Fundación Telefónica de Voluntariado.
A entrega dos premios terá lugar o 4 de decembro de 2018 en Madrid, coincidindo coa véspera do Día Internacional do Voluntariado, e cada iniciativa gañadora estará premiada cunha dotación económica de 5.000 euros.
En canto ao xurado dos premios estará constituído por representantes relevantes da Fundación Telefónica e daquelas institucións referentes no sector social, empresarial e de comunicación vinculadas ao voluntariado en España. Así mesmo, unha comisión técnica de expertos apoiará o labor de análise e preselección das candidaturas.
O prazo de inscrición online xa está aberto ata o 31 de outubro de 2018 na web www.premiosvoluntariado.fundaciontelefonica.com [3]. Así mesmo, poderase seguir toda a actualidade relacionada cos premios nas redes a través do hashtag '#PremiosVoluntariado'.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9175.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.premiosvoluntariado.fundaciontelefonica.com