
Como adiantamos hai un par semanas [3], a asociación Retro Galaicos [4] está a preparar unha segunda edición de RetroVigo [5], encontro que terá lugar a vindeira fin de semana na Aula D [6] na Rúa Elduayen, nº 36 de Vigo (con acceso polas escaleiras da Baixada do Forte), e que nesta ocasión busca render tributo á informática clásica e aos videoxogos coa vista posta nun xénero que causou furor nos salóns recreativos: os beat’em up.
Este encontro para os afeccionados ao mundo do retroxa ten o seu programa de actividades [7], que comezan o sábado 22 ás 10:30 horas cun torneo continuo de Streets of Rage 2. A sesión de mañá pecha cun par de charlas: unha ás 12:00 horas titulada Beat’em Up, yo contra el barrio, con Jacobo e Galo Martínez, que farán un repaso ás orixes e os títulos máis destacado do xénero a reivindicar; e ás 13:00 horas terá lugar a charla Beat Me Down, el puño de las compañías en la cara del jugador, impartida por Andrés de Pedro, presidente de Retro Galaicos.
Pola tarde as actividades retómanse ás 16:00 horas con competicións amigables. Ás 17:30 horas unha charla da profesora Patricia Otero e a psicóloga Lara López (membros do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía, GRISAMP) achegaranos ao proxecto de gamificación aplicada ao envellecemento activo GAMAPEA [8] (iniciativa participada pola Fundación Ramón Domínguez, Imatia Inovation, SIVSA e Gradiant). Os torneos rematarán ás 20:30 horas, cando entregaranse os premios do torneo de Streets of Rage 2, manténdose as portas do recinto abertas até a medianoite.
Na xornada do domingo non hai actividades formais programadas, pero o recinto estará aberto de 10:30 a 14:00 horas, facilitando así que os que o desexen poidan achegarse a ver as exposicións e botar unhas partidas fóra de competición, como é habitual neste tipo de encontros.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9167.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://codigocero.com/RetroVigo-dedicara-unha-fin-de-semana-aos-beat-em-up
[4] https://www.facebook.com/RetroGalaicos-135894276991822/
[5] https://www.facebook.com/events/301289947091025/
[6] http://aulad.com/
[7] https://www.facebook.com/135894276991822/photos/a.283548108893104/312755649305683/
[8] https://www.sivsa.com/site/idi/gamapea/