
Estes 22 e 23 de setembro celébrase na Facultade Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra (Universidade de Vigo) un acontecemento TIC sobre metodoloxías accesíbeis e libres para mostrarnos en liña e construír a Rede e os seus diferentes elementos. Máis polo miúdo, sobre o sistema WordPress e as súas múltiples posibilidades como sistema de balde e sen cancelas: un sistema que abrangue a día de hoxe a xestión da terceira parte das páxinas web do mundo. Trátase do primeiro evento oficial de WordPress que se desenvolve na nosa terra e o programa inclúe preto de 20 relatorios.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_9112.jpeg
[2] https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/primeira-wordcamp-galicia-reunira-preto-200-persoas-ccss-comunicacion