
Seguimos a dar conta de actividades tecnolóxicas para mulleres e dende as mulleres. Se os días pasados falamos da vertente feminina da acción divulgativa do Concello de Fene [3] e máis da feira Pont-Up Store de Pontevedra [4], hoxe lembramos que a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo [5] vai organizar este mes de setembro, en colaboración co Concello de Culleredo, un obradoiro para potenciar “o emprego e as competencias das mulleres no mundo das ferramentas dixitais”.
A actividade, que se acompaña do epígrafe Mulleres, Emprendemento e Novas Tecnoloxías da Información, impartirase a partir do día 3 do vindeiro mes no centro Amparo Prego Rubial (antiga escola unitaria) de Celas, en Culleredo.
O obxectivo da actividade é tirar abaixo muros e atrancos de empregabilidade entre as mulleres e o mercado laboral, e todo baixo a fórmula da formación en smartphones, tabletas e computadoras.
O obradoiro artellarase en tres grupos. Ao remataren a actividade, as participantes recibirán un diploma acreditativo. As interesadas poden chamar, para formalizar a inscrición ou solicitar datos a maiores, ao 981.669.541. Asemade, tamén poden facelo enviando un correo ao seguinte enderezo: info@marinasbetanzos.gal [6].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9088.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://codigocero.com/Fene-achega-as-mulleres-locais-ao-uso-de-novas-tecnoloxias
[4] https://codigocero.com/Google-ofrecera-na-Pont-Up-Store-de-Pontevedra-dous-obradoiros-ineditos
[5] https://www.facebook.com/ADR.MARINASBETANZOS/
[6] mailto:info@marinasbetanzos.gal