
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña desenvolveu hoxe un obradoiro de robótica para nenas e nenos emigrantes.
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña desenvolveu hoxe un obradoiro de robótica para nenas e nenos emigrantes [3]. E fíxoo a través da súa colaboración coa ONG coruñesa Equus Zebra. Segundo informa o centro, asistiron á actividade unha vintena rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. O obradoiro levouse a cabo nas instalacións de Equus Zebra baixo o título Taller de programación visual gráfica con Scratch e Makey Makey e foi impartido polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, e demais persoal do centro.
Grazas á iniciativa, os pequenos tiveron a oportunidade de dar conta dalgúns dos avances levados a cabo no ámbito da robótica, amais de ter ao seu alcance a posibilidade de probalos en primeira persoa a través de diferentes xogos.
Segundo informa o centro coruñés, a finalidade do obradoiro foi introducir á rapazada nas ferramentas dixitais, amais de favorecer a integración dos pequenos en risco de exclusión social (botando abaixo muros e salvando fendas) pola vía tecnolóxica. Ademais, o CITIC ten o obxetivo de “consolidarse como un axente clave na cidade de A Coruña” e reafirmar o seu compromiso con iniciativas sociais e culturais, “fomentando ademais a transferencia de coñecemento á sociedade”.
Equus Zebra é unha ONGD (Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento) adicada á integración socio-laboral de persoas en risco de exclusión, sen ánimo de lucro e aconfesional, fundada no ano 2000 en A Coruña.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8974.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://citic-research.org/noticias/o-citic-ofrece-un-taller-de-robotica-para-nenos-e-nenas-inmigrantes-en-colaboracion-coa-ong-equus-zebra.htm;jsessionid=9522E4916BA587A6325926FB5C9CA953