
A finalidade deste programa é "mellorar a integración social e laboral de persoas con Espiña Bífida, ou outra discapacidade en gran parte do territorio nacional"
Este programa empodera ás persoas con discapacidade mellorando a súa empregabilidade para lograr así a súa integración sociolaboral, para iso contaron cunha orientación laboral personalizada na que se definiron e planificaron itinerarios de inserción consensuados e con programas formativos adaptados, que dan resposta ás súas necesidades e á súa realidade.
Esta iniciativa cobre gran parte da xeografía nacional polo que se contou cunha plataforma online, e co apoio do servizo de orientación e intermediación laboral de FEBHI e das asociacións federadas que traballan de forma cooperativa.
A Federación tamén proporcionou un apoio presencial nos casos que foi necesario.
Nesta convocatoria participaron 41 persoas (9 das cales teñen Espiña Bífida) e impartíronse en total catro cursos:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8958.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()