
Eusumo, rede de colaboración impulsada pola Xunta, vai organizar a partir do 19 de xullo (e até o 10 agosto) un obradoiro de formación a distancia sobre que metodoloxías seguir para sacarlle o máximo proveito ás ferramentas tecnoloxías e online para darlle á nosa empresa un extra de alcance, rendibilidade, comunicación integral, competitividade e produtividade. O curso de teleformación Impulsa o teu negocio co marketing dixital [3] está dirixido a grupos promotores, persoas interesadas en emprender e membros das entidades de economía social. Desenvolverase en formato online ao longo de 20 horas.
Segundo informan os organizadores o obxectivo é “facilitar novos métodos de mercadotecnia e comunicación ás empresas de economía social, co obxectivo de visualizar dunha forma óptima o seu proxecto e mellorar a comercialización dos seus negocios”. As persoas que queiran inscribirse poden facelo (de balde) até o 18 de xullo, a través do correo eusumo.emprego@xunta.es [4] ou ben no teléfono 981 558 008. Asemade, poden descargar o folleto dixital da actividade formativa a través da web da rede de colaboración. Eusumo, para quen non o saiba, é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8935.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.eusumo.gal/teleformacion-impulsa-o-teu-negocio-co-marketing-dixital
[4] mailto:eusumo.emprego@xunta.es