
Os Premios da AEF recoñecen ás fundacións españolas que mellor representan os valores do sector no cumprimento dos fins de interese xeral. As outras tres fundacións recoñecidas foron: a Fundación Magdalena Moriche na categoría de "Iniciativa Filantrópica", a Fundación Biodiversidade do Ministerio da Transición Ecolóxica na categoría de "Colaboración" e a Fundación Adsis, na categoría de "Innovación Social".
O xurado foi o encargado de analizar e deliberar sobre as propostas recibidas. Formárono Antonio Garrigues, presidente da Fundación Garrigues, Avogados e Asesores Tributarios [3]; Ana María Llopis, fundadora e conselleira delegada de Global ideas4all SL [4].; Rafael Matesanz, fundador da Organización Nacional de Transplantes [5] e Premio Príncipe de Asturias; Teresa Perales, nadadora paralímpica; Araceli Pereda, presidenta da Asociación Hispania Nostra [6]; Bieito Rubido, director do diario ABC [7]; e Eva Saiz, subdirectora do diario El País [8].
Con relación á orixe dos Premios, o presidente da AEF, Javier Nadal, afirmou: "En 2016 puxemos en marcha os Premios AEF co fin de impulsar valores que marcasen o desenvolvemento da actividade das fundacións e, desta maneira, propiciar a eficacia no cumprimento dos fins de interese xeral, así como aumentar o seu impacto na vida dos cidadáns". A este respecto, continúa Nadal: "Sentímonos moi orgullosos dos premiados, pero tamén de todas as fundacións que presentaron proxectos de altísima calidade e ás que convidamos a seguir participando en próximas edicións".
A entrega dos premios realizarase no marco de Demos 2018: Foro de Fundacións e Sociedade Civil [9], un encontro que celebra a súa segunda edición o 26 de novembro nas sedes de MediaLab-Prado e Caixaforum Madrid. Os galardóns consistirán nun diploma e un símbolo artístico.
A Fundación Telefónica puxo en marcha en 2017 a estratexia global de Transformación Dixital co obxectivo de combinar intelixentemente a tecnoloxía dispoñible coa súa experiencia en acción social. Deste xeito, é posible conseguir un maior impacto social nos proxectos, ademais dunha maior eficiencia operativa e un incremento do beneficio e a capacidade de acción. Esta área estratéxica transversal envolve a toda a institución cun dobre alcance: un interno, en canto a transformación dos perfís, os procesos, as ferramentas de traballo que se utilizan, os sistemas e o ADN como organización; e, doutra banda, mirando cara a fóra, a través dos proxectos que achega á sociedade. Á súa vez, está estratexia está a aplicarse a todos os proxectos nas catro liñas de intervención onde actúa a Fundación Telefónica: educativos, de empregabilidade, de voluntariado corporativo e de arte e cultura dixital.
Grazas á Transformación Dixital, Fundación Telefónica está a evolucionar como organización cara a unha organización áxil, que realiza proxectos innovadores con persoas innovadoras, onde a tecnoloxía mellora a capacidade de achegar valor social, que toma decisións baseadas en datos e que aproveita as ferramentas tecnolóxicas para maximizar a eficiencia de procesos. O seu plan estratéxico baséase en tres alicerces principais: unha unidade de tecnoloxía e sistemas; unha unidade de innovación e dixitalización; e unha última de big data e analítica avanzada aplicada a todos os programas. Con estes tres alicerces e un forte compoñente de dixitalización, tanto de proxectos como de procesos e as persoas, conseguiuse este triplo impacto de máis eficiencia, máis impacto social e mellor posicionamento.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8929.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.garrigues.com/es_ES
[4] https://www.ideas4all.com/
[5] http://www.ont.es/Paginas/Home.aspx
[6] https://www.hispanianostra.org/
[7] http://www.abc.es/
[8] http://elpais.com/
[9] http://fundaciones.org/es/noticias-aef/demos-18-fundaciones