
A Fundación TIC da Deputación de Lugo [3] segue a poñer ao alcance da mocidade os seus recursos e experiencia en contidos dixitais. Diso precisamente trata o obradoiro de novas tecnoloxías que, ao abeiro do Campus de Verán Xuvenciencia Lugo 2018, desenvolveuse na cidade da Muralla. Para dar conta do curso e xuntarse cos participantes (130 alumnas e alumnos da ESO e Bacharelato), a actividade formativa recibiu onte a visita da deputada de Promoción Económica e Social [4], Sonsoles López Izquierdo, acompañada pola coordinadora do sexto Campus de Verán Xuvenciencia Lugo, Mercedes Novo Rodríguez. O obradoiro sobre contidos audiovisuais Como elaborar vídeos para Youtubecelebrouse nas instalacións da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC.
López Izquierdo salientou que “a Deputación de Lugo colabora coa Universidade de Santiago co plan de choque que facilita o financiamento deste Campus de Verán, ademais da colaboración da Fundación TIC, que gravará todo o evento e as distintas actividades dun programa moi diverso que hai para este ano”. Segundo fixo saber, “esta é unha oportunidade única para que o alumnado coñeza en vivo e en directo, con prácticas e obradoiros todo o relacionado coas titulacións científico-técnicas ou científicio-sociais do Campus Terra de Lugo”.
Un equipo de profesionais e bolseiros da TIC ofrecerá tamén apoio técnico e asesoramento ao alumnado para realizar os vídeos de presentación dos seus proxectos finais. A achega da Fundación TIC complementarase con reportaxes e un vídeo coa recompilación dos momentos máis salientables de Xuvenciencia, que se proxectará o día da clausura.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8925.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.fundaciontic.org/
[4] http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=36859&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&level=1