
O vindeiro día 27 ás 19:00 horas terá lugar a XIX edición de Coruña Bloggers [3], encontro que cada mes xunta a apaixonados ás tecnoloxías, os blogs, as redes sociais e outras temáticas tanxenciais na Fundación Barrié da Coruña para escoitar un par de relatorios e completar a xornada cunha sesión de networking nun local de hostalaría próximo.
Este evento de carácter solidario (os asistentes deben achegar un mínimo de 1 quilogramo de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica a xeito de billete) precisa de invitación [4] para o control da asistencia, que nesta ocasión será limitada, xa que en vez de desenvolverse as charlas no auditorio, trasládanse a unha sala do cuarto andar do edificio, de xeito que limitan o aforo a 40 persoas.
O primeiro relator deste encontro será Iván Cernadas [5], blogueiro que falará de SEO e copywriting, ou sexa, que compartirá consellos de redacción de contidos para atraer tráfico e público na Rede.
Collerá o relevo Marta Falcón [6], que repite en Coruña Bloggers cunha actividade especial, xa que esta deseñadora de servizos vai facer que os presentes desenvolvan unha dinámica práctica en grupos para ver a importancia de pensar fóra da caixa á hora de proxectar os contidos dun blog.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8813.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://corunabloggers.com/2018/06/17/ya-estan-las-invitaciones-del-19o-corunabloggers-del-27-de-junio/
[4] https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-bloggers-19a-edicion-47146940769
[5] https://twitter.com/ivancernadas
[6] https://twitter.com/soymartafalcon