
Durante o pasado ano, no marco desta comunidade, desenvolvéronse 22 proxectos de transformación dixital nos que a tecnoloxía se pon ao servizo das persoas con discapacidade e persoas maiores para facilitar a accesibilidade de distintos servizos ou aspectos sociais.
No encontro presentaranse os oito proxectos finalistas e un xurado, do que forma parte Tecnobility, elixirá o gañador desta edición.
Entre os proxectos finalistas hai algúns dedicados a facilitar a accesibilidade dos servizos sociais, outros para fomentar o exercicio físico ou, mesmo, para axudar a vestirse a persoas con parálise cerebral.
Tamén hai proxectos centrados no turismo accesible, na procura de emprego, na rehabilitación e na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.
A comunidade "Conectados pola accesibilidade" confórmana Plena Inclusión, Down España, a Orde Hospitalaria de San Juan de Deus, Fedace, Confederación Aspace, Hospital Vall D'Hebron e a Fundación Vodafone España.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8744.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()