
A aula de informática do Centro Cultural da Guarda, incluída na rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), vai organizar este mes de xuño media ducia de obradoiros para introducir á veciñanza no uso do computador e máis no funcionamento e vantaxes principais de estaren en Internet (navegar, obter información, comunicarse por correo electrónico, etc).
As clases comezarán a partir do día 1 e están dirixidas a preparar aos asistentes nas seguintes cuestións: na adquisición de coñecementos básicos para o uso dos computadores (con 12 horas de formación) nos teléfonos intelixentes (4 horas), no emprego do navegador (6 horas), na xestión e utilidades de Internet (7 horas), no o correo electrónico (6 horas) e no procesador de textos (6 horas). As persoas interesadas poderán inscribirse de balde no centro cultural, no propio consistorio da Guarda ou na páxina web da rede CeMIT [3] até o 29 de maio. Os horarios de cada un dos cursos poden consultarse tamén na web do Concello [4], onde se sinala que a partir do 15 de xuño, os obradoiros comezarán a impartirse de maneira exclusiva en quenda de mañá.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8720.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/es/centro/7
[4] http://www.aguarda.es/cursos-aula-informatica/