
O Concello de Boqueixón vai organizar o vindeiro 31 de maio unha sesión informativa sobre un problema cada vez máis frecuente entre os nosos rapaces: o problema de non dar interrompido a tempo as súas comunicacións a través das novas tecnoloxías, unha eiva que redunda negativamente nas súas relacións persoais, nos seus estudos e mesmo no seu desenvolvemento.
A sesión, programada ao abeiro da iniciativa local Falamos de..., consiste nunha charla sobre Adicción ás novas tecnoloxías na adolescencia [3]. A cita desenvolverase o próximo xoves 31 de maio na Casa do Concello ás 17.00 horas. Dirixida á veciñanza en xeral e ás familias de adolescentes en particular, esta actividade ten carácter gratuíto. As persoas interesadas en asistir deberán formalizar a súa inscrición antes do 23 de maio no Departamento de Educación e Cultura a través do teléfono 981 513 115 ou no e-mail cultura@boqueixon.com [4].
Segundo lembra o Concello, a iniciativa é posible grazas á colaboración da Consellería de Sanidade, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Dende o Concello animan á veciñanza a inscribírense nesta sesión.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8698.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.boqueixon.com/2018/05/16/o-concello-de-boqueixon-organiza-unha-charla-sobre-adiccion-as-novas-tecnoloxias-na-adolescencia/
[4] mailto:cultura@boqueixon.com