
Hai dous anos, un empregado invidente de Microsoft deseñou un sistema que lle describía a contorna no que se atopaba, e o ano pasado presentaron un dispositivo experimental para deter os espasmos dunha enferma de Parkinson, Emma, por medio dunha pulseira que os anticipaba e detíñaos mediante vibracións.
Como comentaba Satya Nadella un dos focos este ano de Microsoft é prover de tecnoloxía accesible ás persoas que sofren discapacidades mediante IA, dándolles así, a posibilidade de integrarse máis na sociedade.
Jenny Lay-Flurrie é a responsable de accesibilidade de Microsoft, a encargada de levar a cabo o programa de subvencións de 25 millóns de dólares destinado a proxectos que melloren a vida de persoas con discapacidade a través da tecnoloxía.
O programa terá unha duración de cinco anos e subvencionará proxectos que ataquen o máximo espectro de discapacidade, e que teñan un efecto Global.
Temos exemplos como Power Point, a función de deseño das presentacións automatizado, ideouse para dar unha maior accesibilidade ás persoas con discapacidades. Agora todos os usuarios da aplicación vense beneficiados por esa funcionalidade.
Ligazón á noticia na web: abcblogs.abc.es [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8659.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://abcblogs.abc.es/jon-oleaga/2018/05/07/microsoft-apuesta-por-la-accesibilidad-con-un-proyecto-de-25-millones/