
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) veñen de convocar unha nova edición dos seus galardóns encamiñados a distinguir, visualizar e reivindicar o espírito innovador, creativo, dixitalizador e socialmente responsable das/os nosas/os investigadoras/es, profesionais e empresas. Estamos a falar dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2018 [3], que collen pulo con dous galardóns concretos: o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2018 e máis o Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios So. Os recoñecementos entregaranse no transcurso da XXIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información [4], prevista para o 1 de xuño. O prazo de presentación de memorias para todos os premios remata o vindeiro 2 de maio ás 10:00 horas.
Polo que respecta ao Premio Gradiant, vén da man do COETG-AETG en colaboración coa Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant). Ten unha dotación con 1.500 euros e o seu obxectivo é “fomentar a realización de teses de doutoramento con potencial de aportar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC”. Polo que atinxe á edición 2018 do Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2018, foi convocado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Trátase dun premio de carácter honorífico e está destinado a “recoñecer os mellores proxectos no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) que contribúan e aporten beneficios á sociedade”.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8540.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.aetg.gal/articulos/convocatoria-dos-premios-galicia-das-telecomunicacions-e-da-sociedade-da-informacion-2018
[4] http://www.aetg.gal/articulos/xxiii-noite-galega-das-telecomunicacions-e-da-sociedade-da-informacion-1-xuno-de-2018