
Este 26 de abril temos unha nova cita coas mulleres e as novas tecnoloxías da información. Estamos a falar do Día Internacional das Rapazas nas TIC, unha celebración que, no que a nosa terra se refire, volverá ter (un ano máis) o epicentro de actividades [3] na sede do Centro de Supercomputación de Galicia (o CESGA), con ramificacións (en liña) cos centros educativos. Trátase, para que non o saiba, dunha iniciativa orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC como un ámbito axeitado e acaido para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
Volvendo aos actos do CESGA, en Santiago, pola mañá (de 11:00 a 12:30 horas) celebrarase como vén sendo costume un coloquio virtual con varias mulleres emprendedoras galegas: emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), ás que as/os estudantes que participen dende os seus centros de secundaria/primaria conectados vía streaming coas salas do CESGA poderán facer calquera pregunta sobre os seus campos profesionais ou razóns persoais que as levaron a traballar no ámbito tecnolóxico-dixital. As convidadas deste ano son:
O CESGA informa que as persoas interesadas en participar no evento da mañá dende o seu centro, deberán poñerse en contacto co centro cubrindo un formulario e recibindo logo unhas instrucións para a conexión no día. O evento durará aproximadamente 1 hora e media, até as 12:30. Pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, celebrarase unha xornada de portas abertas con actividades TIC divertidas para mozas e mozos de entre 10 a 14 anos: demostracións e obradoiros de impresión 3D, realidade virtual e aumentada, arte dixital, programación, robótica, e, por suposto, unha visita guiada ao corazón do CESGA, o supercomputador Finis Terrae 2. Para máis información, podemos consultar o Facebook de ICT Go Girls [5], o Twitter [6] ou mesmo o Youtube [7].
Para esta actividade cóntase co apoio das seguintes entidades: Xunta de Galicia (GAIN, Secretaría de Igualdade, Consellería de Educación e AMTEGA), o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Educación, Oficina de Igualdade de Xénero, Woman Emprende), a Universidade da Coruña (Facultade de Informática) e GalsTech, o Grupo de mulleres interesadas en tecnoloxía de Galicia. O evento a nivel internacional vén da man da entidade International Telecommunications Union (ITU). O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é impulsor do proxecto europeo ICT-Go-Girls! (promoción do emprendemento das rapazas de Secundaria a través das TI) xunto co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). A iniciativa diríxese ás rapazas dos primeiros anos de Secundaria para proporcionarlles unha imaxe “máis atractiva do mundo do emprendemento tecnolóxico” e lograr así unha maior presenza feminina no eido das TIC. Amais das ditas entidades, tamén ten colaborado nas actividades o Concello de Santiago, sumándose deste xeito a esta fronte común contra a fenda dixital de xénero.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8482.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/dia-de-las-chicas-en-las-tic/
[4] http://potinguesverdes.com/
[5] https://www.facebook.com/ictgogirls
[6] https://twitter.com/ICTGoGirls
[7] https://www.youtube.com/playlist?list=PLaYnwE2ZurwETyjAShB6_XNmWYnHQycAf