
A Asociación Educativa AtlanTICs [3], nacida en 2016 co obxectivo de fomentar o uso seguro e responsable da tecnoloxía, ten desenvolvido distintos cursos, charlas e obradoiros a prol da alfabetización dixital, a promoción da mediación parental e a concienciación sobre as normas de comportamento propias da cidadanía dixital, á que o vindeiro 12 de abril sumarase a emisión do magazine radiofónico Internet de tu Color Favorito [4], que poderá escoitarse a través de CUAC FM.
O novo espazo sonoro desenvolverase os xoves de 19:00 a 20:00 horas, incluíndo faladoiros, debates, entrevistas, novas de actualidade, axenda de eventos... coa intención de achegar aos seus oíntes ferramentas e consellos para poder enfrontase aos cambios que supón a sociedade dixital actual.Internet de tu Color Favorito é un proxecto dos irmáns Cami [5] e Santi Rey [6], acompañados por La Gata-Cristi, quen buscarán dar vida a un espazo ameno, divertido e desenfadado, e aínda que a emisión do programa estea ligada á plataforma da emisora comunitaria da Coruña, cómpre lembrar que pode seguirse dende todo o mundo a través da Internet, e os seus programas goza de especial difusión a través do formato podcast.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8464.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://asociacionatlantics.org/internet-de-tu-color-favorito/
[4] https://cuacfm.org/radioco/programmes/internet-de-tu-color-favorito/
[5] https://twitter.com/Cami_Tics
[6] https://twitter.com/SantiRey_TICs