
A Fundación GoodJob inicia a súa segunda edición de Certificado de Profesionalidade de Seguridade Informática para persoas con discapacidade. Dado o interese da temática e a falta de profesionais formados, desde GoodJob afirman que o 60% dos alumnos que finalizan as prácticas, acaban sendo contratados polo Centro Especial de Emprego da Fundación para pasar a formar parte do persoal de empresas do sector.
A entidade aposta por un sector clave na economía do noso país, como é o da seguridade informática, abordando temáticas de prevención de riscos asociados ao contexto dixital, como poidan ser roubos de identidade, protección de datos, etc.
O curso, impartido de maneira presencial na sede da Fundación GoodJob, ten unha duración de 420 horas cunha parte de prácticas de 80 horas. O certificado que reciben ao final do curso, acredita aos que o superen en capacitación para garantir a seguridade dos accesos e usos da información rexistrada en equipos informáticos, así como do propio sistema. A finalidade é que teñan coñecementos para protexer ás empresas [3] de posibles ataques e exposición a vulnerabilidades.
Coincidindo con esta segunda edición, a Fundación GoodJob e o ISMS Forum Spain [4] asinaron un acordo de colaboración para realizar actividades comúns que favorezan a integración das persoas con discapacidade no ámbito da Seguridade da Información e de protección de datos. Ambas as organizacións desenvolverán actividades conxuntas para favorecer o acceso a postos de traballo de persoas con discapacidade.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8402.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.computerworlduniversity.es/ciberseguridad/el-gasto-en-ciberseguridad-crecera-un-33-en-los-proximos-cuatro-anos
[4] http://cso.computerworld.es/tendencias/isms-forum-spain-pone-en-marcha-una-plataforma-para-fomentar-el-intercambio-de-informacion-sobre-ciberamenazas