
O encontro solidario Coruña Bloggers [3], que o último mércores de cada mes xunta a interesados no mundo dos blogs, as redes sociais e o sector TIC en xeral no salón de actos da Fundación Barrié da Coruña, instando aos asistentes a acudir cun mínimo de 1 quilogramo de alimentos non perecedoiros para a súa entrega á Cociña Económica, ten xa aberta a inscrición para a edición deste mes [4], a número 16, que de xeito excepcional adiántase ao 21 de marzo (para non coincidir coa Semana Santa).
O XVI Coruña Bloggers abrirá con José Antonio Vázquez, director xeral da empresa de hospedaxe web Andaina.net [5], quen impartirá unha charla sobre a seguridade e a optimización do xestor de contidos máis empregado a nivel mundial, WordPress (empregado polo 57% dos blogueiros coruñeses).
Completarán a xornada Julya Pepry [6] e Fanny Looks [7], blogueiras que nesta ocasión achegarán as súas claves para facer un bo directo en Instagram e Facebook, elementos que consideran fundamentais para influencers e marcas para atraer e reter seareiros nas redes sociais.
A xornada que desenvolverase de 19:30 a 21:00 horas na Fundación Barrié, continuará cunha sesións de networking en La Taberna de Rita, un local de hostalaría próximo.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8362.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://corunabloggers.com/2018/03/11/ya-estan-las-invitaciones-del-16o-corunabloggers-del-21-de-marzo/
[4] https://www.eventbrite.es/e/entradas-coruna-bloggers-16a-edicion-44083211071
[5] https://www.andaina.net/
[6] http://www.julyapepry.com/
[7] http://www.fannylooks.com/