
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) estrea hoxe un apartado na súa páxina web titulado Mulleres Tecnolóxicas [3] no que queren salientar o rol das mulleres nos ámbitos do software libre e o código aberto cun quen é quen en Galicia e no resto do mundo.
AGASOL quere dar visibilidade ao traballo das mulleres no sector TIC, conscientes de que aínda queda moito camiño por andar para entender o software libre e a tecnoloxía en xeral como eidos que non distinguen de sexo, estando abertos a achegas de calquera persoa. O novo apartado está a promocionarse en redes sociais, e actualmente recolle as figuras da xornalista Montserrat Boix de Mulleres en Rede [4], da enxeñeira en Informática Antía Puentes, da licenciada en Informática Mar Castro e doutras tres mulleres que desenvolven o seu traballo ao redor do CESGA: María José Rodríguez, Natalia Costas e Carmen Cotelo.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8350.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.agasol.gal/mulleres-tecnoloxicas/
[4] http://www.mujeresenred.net/mboix/blog/