
Stimulus é unha aplicación deseñada para axudar á estimulación e rehabilitación de persoas maiores con deterioración cognitiva ou nas fases iniciais de Alzheimer, e recibiu unha valoración moi positiva por parte de Orientatech, o proxecto da Fundación Vodafone e Cruz Vermella a través de Tecsos.
A aplicación está composta por distintas series de exercicios e actividades interactivas dirixidas á estimulación dos distintos procesos cognitivos.
A app permite realizar tanto un adestramento autoadministrado como unha formulación con planificación e seguimento a través de coidadores.
Aquí podedes ler a análise completa que Tecsos [3]realizou sobre esta aplicación, dispoñible tanto en Android como en iOS e cunha versión de proba gratuíta que serve para analizar a idoneidade do seu uso.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8225.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.orientatech.es/es/stimulus