
A Fundación Orange decidiu poñer a biblioteca de recursos da súa aplicación Soyvisual a disposición de calquera desenvolvedor de aplicacións que queira facer uso do catálogo de láminas e imaxes especialmente deseñadas para estimular o desenvolvemento da linguaxe e axudar a persoas con necesidades a comprender o mundo e comunicarse.
A fundación pon estes recursos a disposición dos desenvolvedores a través de interface de programación (API) que permite que outras aplicacións poidan consultar automaticamente este catálogo e utilizar ditas imaxes “ao voo”.
Para poder acceder a esta biblioteca de recursos, os desenvolvedores deberán presentar unha solicitude e cumprir coas condicións de uso.
A única restrición ao uso destas imaxes é que a aplicación que as utilice non pode ter un fin comercial, e que se debe de respectar a licenza Creative Commons, que implica que se debe citar a fonte.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8183.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()