
O Concello de Ribeira [3] vai organizar nas semanas vindeiras catro novos cursos de capacitación en novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Os obradoiros, que se van desenvolver en catro parroquias do concello, abren este 8 de febreiro o prazo de inscrición. Trátase dos seguintes cursos: Iníciate na informática, Sácalle partido ao teu móbil, DNI electrónico e certificados dixitais, Retoque fotográfico e Edición de audio e vídeo).
As actividades desenvolveranse nas parroquias de Aguiño, Corrubedo, Oleiros e Ribeira. Os cursos, que son de balde para a cidadanía, estenderanse dende o 19 de febreiro ata o 12 de abril. As inscricións estarán abertas ata o 16 de febreiro, en horario de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20 horas na Aula CeMIT ou tamén na páxina web da rede autonómica de aulas de informática, a rede CeMIT [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8164.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.ribeira.gal/
[4] https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/actividades?execution=e1s1