
O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co que se busca visibilizar o traballo das mulleres neste ámbito e fomentar a cultura científica entre as novas. Organizacións profesionais, fabricantes de xoguetes e ata Barrio Sésamo traballan para que o vello estereotipo do físico descoidado ou o enxeñeiro excéntrico deixe paso a novos modelos femininos.
Se metésemos a todos os estudantes universitarios de España nunha mesma clase, máis da metade serían mulleres, segundo os datos da OCDE [3], pero as porcentaxes cambian se analizamos cada especialidade. En ciencias, matemáticas e informática as estudantes representan o 30%, mentres que en enxeñería son o 23%. Estas disciplinas, reunidas baixo o acrónimo STEM, mostran unha fenda de xénero que profesionais, profesores e investigadores loitan por romper.
Segundo a oitava Enquisa de Percepción Social da Ciencia [4] que leva a cabo a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), o interese das mulleres por estes temas medrou nos últimos anos [4], pero segue por baixo do dos homes. Un bo número de iniciativas, nacionais e internacionais, buscan cambiar o panorama. Hai boas razóns. Unha delas é que a ausencia de investigadoras repercute sobre a calidade da ciencia [5], como se describía nun estudo publicado recentemente en Nature Human Behaviour.
Seguir lendo na fonte da noticia... [6]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8144.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.mecd.gob.es/dctm/inee/eag/panorama2016okkk.pdf%3fdocumentId%3d0901e72b82236f2b
[4] https://www.fecyt.es/es/noticia/crece-el-interes-de-las-mujeres-por-la-ciencia-y-la-tecnologia
[5] http://www.agenciasinc.es/Reportajes/La-ciencia-hecha-por-mujeres-presta-mas-atencion-al-sexo-en-los-estudios-medicos
[6] http://www.agenciasinc.es/Reportajes/Un-pulso-global-para-cerrar-la-brecha-de-genero-en-ciencia-y-tecnologia