Co obxectivo de promover as vantaxes que ofrecen os dispositivos móbiles avanzados (novos teléfonos intelixentes e tabletas) para as persoas maiores xordas, a Fundación Vodafone España e a Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación lanzaron uns tutoriais formativos sobre o uso de dúas das Apps máis utilizadas polas persoas maiores: WhatsApp e Facebook.
A través de vídeo-pílulas formativas, de carácter gratuíto que incorporan lingua de signos, que pretenden formar ás persoas maiores xordas no uso de dúas das aplicacións máis descargadas a nivel mundial: WhatsApp e Facebook. Sen ningunha dúbida a incorporación da lingua de signos contribuirá a que as persoas maiores xordas poidan asimilar as súas funcionalidades e beneficiarse de servizos que favorecerán a súa autonomía persoal e a súa calidade de vida.
Estes novos tutoriais, un total de oito vídeos formativos para WhatsApp e dez para Facebook, están dispoñibles en YouTube [3] e pronto tamén o estarán en www.fundacionvodafoneconlosmayores.com [4].
Os seus contidos abarcan desde a súa instalación no Smartphone, pasando pola súa configuración, envío de fotos, vídeos, audios, contactos e localizacións, cuestións de seguridade e privacidade, a creación de grupos, como crear publicacións ou reaccionar e compartir as publicadas por amigos. Así mesmo os tutoriais de Facebook ensinan como interactuar con persoas cos mesmos intereses a través dos grupos desta rede social.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8026.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.youtube.com/user/FundacionVodafoneESP/playlists
[4] http://www.fundacionvodafoneconlosmayores.com/