
O vindeiro día 20 vai celebrarse no Espacio Fundación Telefónica de Madrid o Digital Citizenship Summit España [3], un foro de debate para impulsar o consenso sobre a vida conectada da infancia e a mocidade no que se dan cita axentes implicados na educacións das xeracións dixitais en chave positiva para contribuír á creación dunha Rede máis colaborativa e humana.
O evento está composto por tres relatorios e 4 paneis de debate, que abordarán a figura do cidadán dixital dende un catro puntos de vista: o positivo, o creativo, o responsable e o seguro, destacando a presenza galega nestes paneis, xa que o panel Cidadán Dixital Creativo estará moderado por Alba Alonso Feijoo [4], fundadora de Real Kiddys; no panel sobre o Cidadán Dixital Responsable intervirá Santiago Rey [5], presidente da Asociación Educativa AtlanTICs; e Mar Castro [6], experta en Netiqueta, participará no panel sobre o Cidadán Dixital Seguro.
A asistencia ao evento é de balde, sendo preciso inscribirse previamente [7].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8014.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://digcitsummites.com/
[4] https://twitter.com/AlbaRealkiddys
[5] https://twitter.com/SantiRey_TICs
[6] https://twitter.com/marcastrops
[7] http://digcitsummites.com/inscripcion/