
A aula CeMIT de Tomiño e o Concello veñen de facer reconto da actividade desenvolvida polo centro de divulgación TIC ao longo dos doce meses que vimos de deixar atrás, facendo fincapé na cifra de veciñas e veciños mobilizados arredor das novas tecnoloxías. Segundo explican, 2017 pasará á historia da aula polas importantes cifras acadadas en todos os parámetros. En termos máis concretos, durante o ano pasado déronse de alta neste centro 67 novos usuarios e usuarias [3], cifra que eleva até 1.047 o número de persoas rexistradas dende a apertura da aula no ano 2011. Ademais, acadouse a cifra de 370 horas de formación impartidas. Desenvolvéronse, en total, dúas ducias de accións, entre cursos, charlas e outras actividades.
Para o responsable do Promoción Económica municipal, Antonio Tartaglione, “dende o Concello de Tomiño, xunto coa Administración autonómica (axencia AMTEGA), seguimos a apostar pola aula CeMIT. Despois dos resultados do ano 2017, queremos seguir formando á veciñanza no uso e familiarización das novas tecnoloxías”. Tamén engadiu, en clave de futuro, que a aula xa ten planificada a súa oferta formativa para o vindeiro ano, que desta volta abranguerá cursos de capacitación dixital básica, como o de Iniciación a informática e internet ou Manexo de móbiles, e actividades máis avanzadas como Uso da administración electrónica, Procura de emprego a través de internet ou Retoque fotográfico, entre outros. Durante 2018 a aula tamén dará acubillo ao exame para a certificación de competencias dixitais en ofimática. Amais, ao longo de todo ano abrirá as súas portas de luns a venres de 09.15 a 14.15 horas, con apertura polas tardes os martes e xoves (de 19.00 a 20.30 horas). Aqueles veciños e veciñas interesados en recibir información poden pasar pola aula, situada no Campo da Feira, chamar ao 986623304 ou enviar un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8012.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://tomino.gal/a-aula-cemit-de-tomino-pechou-o-ano-con-67-novos-usuarios-e-370-horas-de-formacion-impartidas/
[4] mailto:cemit.tomino@xunta.gal