
A Aula de Informática do Milladoiro (Ames) comeza ano con forza. Segundo vén de informar a dirección, este mes de xaneiro celebrarase un obradoiro sobre correo electrónico [3] e, máis tarde, xa no mes de febreiro, desenvolverase un curso sobre procura de emprego a través das redes. A estas xeiras formativas cómpre engadir, en marzo, unhas xornadas para iniciar á cidadanía en Internet. O prazo de inscrición destes obradoiros, que son gratuítos, ficará aberto até que se cubran todas as prazas. Na páxina web do Concello de Ames (concellodeames.gal [4]), no apartado de descargas, as persoas interesadas poderán obter as solicitudes de inscrición.
O primeiro dos obradoiros (o de correo electrónico) está previsto para os días 23, 24 e 25 deste mes. Está destinado a persoas maiores de 16 anos e contará con dúas quendas: unha de mañá, entre as 10:00h e as 11:30:h, e outra de tarde, entre as 18:00h e as 19:30 horas. Para cada unha das quendas ofértanse 10 prazas. A actividade terá, no total, unha duración de 4,5 horas.
Polo que respecta á actividade formativa sobre busca de emprego na Rede para maiores de 16 anos, terá lugar entre os días 15 e 21 de febreiro na Aula de Informática, con dúas quendas. A de mañá será de 10:00h a 11:30 horas, mentres que a da tarde desenvolverase entre as 18:00h e as 19:30 horas. Este obradoiro impartirase os días 15, 19, 20 e 21 de febreiro, conformando en total 6 horas de formación. Existen 10 prazas dispoñibles por quenda.
En marzo, como dixemos, celebraranse unhas xornadas de iniciación á Internet para maiores de 18 anos, a desenvolver os días 12, 14, 19 e 21 de marzo. Haberá dúas quendas, no mesmo horario que o dos obradoiros, con 10 prazas cada unha. A duración completa desta formación completará as 6 horas.
O prazo de inscrición nestas actividades comezou este 9 de xaneiro e permanecerá aberto até que se cubran todas as prazas. Para inscribirse, as persoas interesadas poderán achegarse ata a Aula de Informática da Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a xoves, en horario de 16:00h a 20:00 horas, e os venres de 09:30h a 13:30 horas. Do mesmo xeito, tamén é posible facelo a través do enderezo de correo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal [5], enviando cuberta e asinada a solicitude de inscrición.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8006.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=16109&idioma=gl&sec=32
[4] http://www.concellodeames.gal/
[5] mailto:informatica.milladoiro@concellodeames.gal